Pescada ao forno con cebola

Ingredientes:
1 kg de lombo de pescada sen espiña, catro cebolas grandes, aceite de oliva virxe extra, pan relado sen glute, azafrán, un vaso pequeno de viño branco, sal.





Elaboración:

  1. Salgar a pescada.
  2. Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, facela a lume lento ata que estea transparente.
  3. Engadir un pouco de sal e o viño, deixar ferver 10 minutos e engadir o azafrán. Reservar.
  4. Acender o forno a 150ºC
  5. Poñer a pescada nunha fonte para forno coa pel para abaixo.
  6. Botar por enriba da merluza a cebola e espolvorear cun pouco de pan relado.
  7. Meter no forno uns 25 minutos, este tempo dependen do grosor da pescada.
  8. Acender o grill a 200ºC e deixar uns 5 minutos ata que o pan relado e a cebola collan cor.





Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.


Comentarios