Xurelos ao forno con patacas e cebola

Ingredientes (para catro persoas):

4 lombos de xurelos grandes, 6 patacas medianas, unha cebola grande, aceite de oliva virxe extra, pementa negra moída, sal, perexil, 2 dentes de allo, vinagre de viño.



Elaboración:

  1. Botar sal aos lombos de xurelos e reservar.
  2. Acender o forno a 150ºC
  3. Pelar e cortar as patacas como se fora para unha tortilla.
  4. Pelar e cortar a cebola en aros.
  5. Nunha fonte, que se poda meter no forno, alternar capas de patacas e cebola, botando sal e pementa en cada capa e un pouquiño de aceite.
  6. Tapar a fonte con papel de aluminio e meter no forno media hora.
  7. Cando as patacas e a cebola estean feitas retirar o papel de alumnio e deixalas no forno para que collan unha pouca de cor, uns cinco minutos aproximadamente.
  8. Para facer o aliño poñer, nunha tixola, cinco culleres sopeiras de aceite e o allo moi picadiño, quentar a lume suave ata que os allos empecen a saltar.
  9. Retirar a tixola do lume e deixar que arrefríe. Cando o aceite estea frío engadir o perexil moi picadiño e unha culler de vinagre. Reservar.
  10. Poñer os lombos de xurelo, coa pel cara arriba, nunha fonte para meter no forno. Engadir un pouco de aceite por enriba.
  11. Meter os xurelos no forno a 150ºC durante 15 minutos. Subir a temperatura a 200ºC e deixalos 5 minutos máis para que collan  cor.
  12. Sacar os xurelos do forno e servir coa guarnición de patacas e cebola. Botar un pouco de aliño por enriba do peixe e da guarnición.





Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.




Comentarios