Vichyssoise

Ingredientes:

4 allos porros ( a parte branca), 3 patacas medianas, 1 cebola pequena,750 ml de caldo de polo, 250 ml de leite, pementa negra moida, aceite de oliva virxe extra.






Elaboración:

  1. Limpar e cortar as patacas , a cebola e os allos porros. Reservar un pouco da parte verde dos allos porros. 
  2. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite e engadir a cebola e os allos porros, deixar que se fagan ao lume lento.
  3. Cando a cebola e os allos porros estean transparentes engadir as patacas, remexer, engadir o caldo de polo e a pementa, deixar cocer.
  4. Pasar pola batedora e engadir o leite (pódese engadir máis ou menos segundo o espesa que queda a crema)
  5. Deixar arrefriar na neveira.
  6. Cortar en tiras moi finas a parte verde dos allos porros reservada. Fritilos ao lume forte, ata que empecen a coller cor.
  7. Servir a crema poñendo enriba un pouco das tiras de allo porro fritidas.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios