Sorbete de melón

Ingredientes:

1 kg de melón pelado, 1 lima, 80 g de azucre invertido.




Elaboración:


  1. Relar a pel da lima e reservar.
  2. Poñer nunha batedora de vaso o melón cortado, o zume da lima, a pel relada da lima e o azucre invertido. 
  3. Bater ata que o melón estea ben triturado.
  4. Deixar repousar o batido na neveira ata que estea ben frío.
  5. Poñer o batido na máquina de facer xeados* uns 20 minutos.
  6. Gardar no conxelador e para servir sacalo con antelación.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Suxestións: está moi bo cun chorriño de ron.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios