Berenxenas marinadas

Ingredientes:

3 berenxenas, 3 dentes de allo, 1 chile grande, 500 ml de vinagre de viño branco, aceite de oliva virxe extra, ourego seco, pementa verde.




Elaboración:

  1. Pelar as berenxenas e cortalas en bastóns, botarlles sal e deixar que escorreguen un pouco.
  2. Poñer o vinagre nun cazo e quentalo ata que ferva.
  3. Ir botando os bastóns de berenxena no vinagre, deixalos ferver 1 minuto, sacar e reservar.
  4. Poñer as berenxenas nunha fonte e engadir os dentes de allo pelados e cortados, o chile cortado, o ourego e a pementa.
  5. Cubrir as berenxenas con aceite, deixalas repousar polo menos 24 horas, despois xa se poden consumir, pero aguantarán bastante na neveira.






Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios