Bonito asado en conserva

Ingredientes:

1 bonito, 1 cebola, 2 dentes de allo, sal, aceite de oliva virxe extra suave.




Elaboración:

  1. Pedir na peixería o bonito sen pel e sen espiña
  2. Botar sal aos lombos de bonito.
  3. Poñer os lombos nunha fonte de forno, cortar a cebola e os allos e botalos por enriba da peixe, botar un pouco de aceite.
  4. Meter no forno a 150ºC e poñer unha sonda na parte máis grosa do peixe. deixar que se faga ata que acade unha temperatura de 60ºC.
  5. Sacar do forno deixar arrefriar e meter na neveira ata o día seguinte.
  6. Sacar da neveira, limpar a parte escura dos lombos e as espiñas que poida quedar, cortalos en anacos o máis grandes posibles para meter en botes.
  7. Ferver os botes e as tapas de conserva.
  8. Meter os anacos de bonito nos botes, enchelos de aceite, pechar e poñelos ao baño maría durante 1 hora e media.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 3 horas.

Comentarios