Focaccia de tomates cherry

Ingredientes:

300 g de fariña sen glute "Mix Pan" de Schär, 5 g de lévedo seco, 1 e 1/2 culler de aceite de oliva virxe extra, 250 ml de auga morna, 1 culler de sal en escamas, 2 poliñas de romeu, 8 tomates cherry.


Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Mesturar a fariña e o lévedo coa metade do romeu triturado.
  3. Engadir a auga e o aceite e amasar ata ter unha masa lisa e homoxénea.
  4. Estirar a masa nun molde de silicona duns 28 cm de maneira que quede unha capa de non máis de 1 cm de grosor.
  5. Deixar levedar uns 30 minutos nun sitio morno.
  6. Cortar os tomates á metade e poñelos sobre a masa facendo un pouco de presión.
  7. Botar por enriba o sal en escamas, o resto do romeu e un pouquiño de aceite.
  8. Meter no forno uns 30 minutos.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios