Pasteliños de "peladillos", améndoa e coco.

Ingredientes:

100 g de améndoa moída, 38 g de coco relado,60 ml de aceite de xirasol, 2 ovos,70 g de azucre, 60 g de iogur natural, 1/4 de culleriña de lévedo químico, 2 "peladillos", 25 g de azucre, 50 g de auga, unha culleriña de pementa Sichuan.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Pelar os "peladillos" e cortalos en catro anacos.
  3. Poñer o aceite, os ovos e os 70 g de azucre na batedora e bater ata que estean emulsionados.
  4. Engadir o iogur, o coco e a améndoa e bater ata que estean ben mesturados.
  5. Botar a mestura en moldes de silicona .
  6. Poñer dous anacos de "peladillos" en cada molde.
  7. Meter no forno durante uns 40 minutos.
  8. Poñer nun cazo os 25 g de azucre, os 50 g de auga e a pementa de Sichuan. Deixar que ferva 2 minutos, coar e reservar o xarope.
  9. Ao sacar os pasteliños do forno pintalos co xarope.


Suxestión: Poden facerse con outra froita. Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios