Coquiños

Ingredientes:

3 ovos, 250 g de azucre, 250 g de coco relado.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Bater os ovos e o azucre ata que dobre o volume.
  3. Engadir o coco relado.
  4. Poñer montonciños da masa nunha bandexa de forno forrada con papel de forno.
  5. Meter no forno ata que os coquiños empecen a ter cor, uns 15 minutos




Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios