Ingredientes:
Para unhas 36 galletas175 g de fariña sen glute (Adpan repostaría), 140 g fariña milla, 1 culleriña de lévedo químico, 1/2 culleriña de sal, 40 g de queixo parmesano relado, 50 g de manteiga, 140 g de leite enteiro.
Elaboración:
- Acender o forno a 180ºC.
- Mesturar as fariñas, o sal, o queixo e o lévedo químico.
- Fundir a manteiga e deixar arrefriar.
- Poñer na batedora os ingredientes sólidos e engadir a manteiga, amasar.
- Engadir aos poucos o leite ata que a masa se separe das paredes da batedora.
- Estirar a masa entre dous papeis de forno e cortar ao gusto.
- Cun escarvadentes facer catro buratos en cada galleta.
- Untar as galletas con manteiga e botarlles un pouco de sal por enriba.
- Meter a galletas no forno uns 15 minutos.
Dificultade: Media
Tempo: 1 hora
Receita en castelán
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión