Arroz con ameixas

Ingredientes:

500 g de ameixas frescas, 150 g de arroz redondo, perexil, pementa negra moída, sal, aceite de oliva virxe extra, 1 dente de allo, caldo de peixe.






Elaboración:

  1. Nunha tarteira poñer o dente de allo pelado cortado en láminas e un chorro de aceite, quentar ata que os allos empecen a saltar.
  2. Engadir as ameixas e remexer.Engadir o arroz e remexer. Engadir caldo suficiente para que se faga o arroz.
  3. Engadir o perexil picado e un pouco de pementa.
  4. Cando o arroz estea case feito engadir o sal.
  5. O arroz ten que quedar feito e cun pouquiño de caldo.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos

Comentarios