Brandada de bacallau con compota de mazá

Ingredientes:

200 g de lombo de bacallau salgado, 2 dentes de allo, 100 ml de aceite de oliva virxe extra, 200 ml de leite, pementa negra moída,3 mazás, 100 g de azucre moreno, 50 ml de sidra ou licor de mazá, 1/2 culleriña de canela en po, 2 ou 3 clavos, 1/2 culleriña de anís estrelado.




Elaboración:


  1. Despois de ter o lombo de bacallau salgado 48 a remollo poñelo a cocer en abundante auga cun pouco de leite.
  2. Sacar o bacallau da auga en canto poidan separarse as láminas. Deixar arrefriar.
  3. Pelar e cortar as mazás e anacos non moi grandes.
  4. Poñer as mazás nunha tarteira xunto co azucre, a sidra e as especias. Cocer a lume suave remexendo de vez en cando ata que as mazás estean ben feitas.
  5. Poñer a lume moi baixo o aceite cos dentes de allo pelados, retiralos do lume cando estean brandos e sen torrar.
  6. Cando o bacallau estea frío limpalo de espiñas e pel e separar as láminas, cortar en anacos pequenos.
  7. Mesturar o aceite cos allos co bacallau e pasar pola batedora, ir engadindo o leite para que non quede unha crema moi espesa.
  8. Corrixir de sal , se é necesario, e botar un pouco de pementa.
  9. Poñer nuns vasiños un pouco da brandada de bacallau e cubrir coa compota de mazá.
  10. Servir a temperatura ambiente.


Adaptada de Mi gran diversión

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos

Comentarios