"Pizza" margarita con base de coliflor

Ingredientes:

160 g coliflor, 1 ovo, 120 g de queixo mozzarella relado, ourego, sal, pementa, azucre, pementa negra moída, 1 lata de tomate natural triturado, 2 dentes de allo, 1 presa de alcaparras.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 190ºC
  2. Relar a coliflor co relador de queixo. Poñela nun recipiente para o microondas. Cocela sen engadir nada no microondas durante 6 minutos remexendo cada 2 minutos. Deixar arrefriar.
  3. Poñer, ao lume, nunha tixola unha culler de aceite e os dentes de allo picados. Retirar antes de que collan cor.
  4. Engadir á coliflor, 100 g do queixo relado, o ovo, ourego, pementa, sal e os dentes de allo co aceite. Remexer.
  5. Estirar a mestura no fondo dun molde deixando unha capa finiña.
  6. Meter no forno ata que empece a torrarse.
  7. Mentres poñer o tomate triturado ao lume, nun cazo, engadir sal, azucre, pementa moída e as alcaparras, deixar reducir.
  8. Sacar a "pizza" de coliflor do forno, darlle a volta e volvela a meter no forno para que se doure a outra cara.
  9. Sacala do forno, cortala, engadir a salsa de tomate por enriba de cada anaco, botar queixo relado sobre cada anaco
  10. Volver a meter no forno ata que o queixo se derreta.


Recollida en An edible mosaic
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios