Polvoróns de limón

Ingredientes:

100 g de manteiga de porco ibérico, 100 g de azucre, 250 g de fariña sen glute de repostaría ADPAN, 125 g de améndoas en po, a pel relada dun limón, un chisco de pementa de Xamaica (ou negra) moída, un chisco de sal, azucre glass para botar por enriba dos polvoróns.






Elaboración:

  1. Acender o forno a 190ºC.
  2. Tostar a fariña , no forno, estendida nunha bandexa plana durante 10 minutos.
  3. Tostar a améndoa da mesma maneira durante 5 minutos.
  4. Mesturar a manteiga e o azucre e despois incorporar a améndoa, a fariña, a pel de limón relada, o chisco de pementa e o chisco de sal.
  5. Estender a masa nun molde de maneira uniforme, dándolle 1 cm de grosor.
  6. Deixar repousar 1 hora, despois meter no forno a 190ºc durante 3 minutos.
  7. Cortar da forma desexada e botar por enriba azucre glass.


Receita adapatada do libro: "Recetas antiaging" de Carme Ruscalleda, Raül Balam, Dr. Manuel Sánchez

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 25 minutos + 1 hora de repouso

Comentarios