Albóndegas en salsa

Ingredientes:
250 g de carne picada (metade tenreira metade porco), 1/2 dente de allo, 2 ou 3 pólas de perexil, 2 ou 3 rebandas de pan de molde sen glute, 125 ml de leite, sal, pementa negra moída, maizena,  2 cebolas grandes, 50 ml de salsa de soia, 50 ml de viño tinto, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

  1. Poñer o pan a remollo no leite, desfacelo coas mans ata ter unha mestura non moi espesa.
  2. Picar moi finos o allo e o perexil.
  3. Mesturar a carne picada co allo, o perexil, sal, pementa e o pan con leite, remexer ata que todo estea ben mesturado.
  4. Facer, coas mans, unhas boliñas de carne de 20 g cada unha.
  5. Pasar cada albondega por maizena e fritir.
  6. No mesmo aceite de fritir as albóndegas poñer as cebolas picadas a "pochar", deixar que se fagan lentamente ata que collan cor.
  7. Engadir a salsa de soia, o viño e uns 100 ml de auga. Poñer a reducir a lume forte.
  8. Triturar a cebola para obter unha salsa, se queda moi espesa engadir un pouco máis de auga. Rectificar de sal.
  9. Poñer a salsa a ferver a lume suave e engadir as albóndegas para que acaben de facerse.





Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios