Madalenas de mazá

Ingredientes*:

50 g de manteiga a temperatura ambiente, 1 ovo, 50 g de azucre, 20 g de azucre muscovado, 150 g de fariña e repostaría sen glute (ADPAN), 8 g de lévedo químico sen glute, 1 mazá.
* Saen unhas 12 pequenas.





Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC enriba e abaixo.
  2. Pelar a mazá e cortala en anacos pequenos.
  3. Mesturar a manteiga e os azucres ata ter unha crema, engadir o ovo e bater a mestura, ata ter unha crema homoxénea.
  4. Engadir a fariña e o lévedo e remexer ata que estean ben incorporados.
  5. Engadir os anacos de mazá e remexer.
  6. Distribuír a masa nos moldes de madalenas enchéndoos ata dous terzos da súa capacidade.
  7. Meter os moldes no forno durante 20 ou 25 minutos.
  8. Sacar do forno e deixar arrefriar.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios