Potaxe de garavanzos, lacón e grelos

Ingredientes:

500 g de garavanzos, 500 g de lacón, 1 manchea de grelos , 1 cebola mediana, 1 chourizo,aceite de oliva virxe, sal.




Elaboración:

  1. O día anterior poñer a remollo o lacón e os garavanzos.
  2. Poñer a cocer o lacón en abundante auga. Cando estea cocido reservar a auga, sacar o lacón e esmiuzalo coas mans en anacos non moi pequenos, reservar.
  3. Cando o lacón estea case feito poñer a cocer os garavanzos con auga suficiente para cubrilos, botar un chisco de sal.
  4. Lavar os grelos e poñelos en auga a ferver, cando empecen a ferver tirar a auga e volvelos a poñer a ferver en auga nova, cando fervan de novo tirar a auga e botar os grelos a cocer na auga do lacón.
  5. Picar a cebola e facela a lume suave nunha tixola cun pouco de aceite.
  6. Cando a cebola estea transparente engadir o chourizo cortado en toros, o lacón e os grelos, remexer e deixar cociñar todo xunto un 10 minutos.
  7. Cando os garavanzos estean cocidos engadirlles o contido da tixola e un pouco da auga onde se coceron os grelos e o lacón.
  8. Deixar ferver todo xunto a lume suave durante 30 minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios