Costela de porco adobada ao forno

Ingredientes:

1 kg e 1/2 de costela de porco, 2 dentes de allo, unha presa de perexil, unha presa de cilantro, un anaco de chile duns 3 cm, 60 ml de aceite de oliva virxe extra, 4 culleres sopeiras de vinagre de módena, 1 culler sopeira de salsa de soia sen glute, sal.




Elaboración:


  1. O día anterior poñer a costela nunha fonte co adobo, segundo se explica a continuación.
  2. Picar na picadora os dentes de allo, o chile, o perxil e o cilantro coa metade do aceite.
  3. Botar todo o picado por enriba da costela, untando ben todos os lados.
  4. Engadir o resto do aceite, o vinagre, o sal e a salsa de soia.
  5. Tapar a fonte con plástico de cociña e deixar repousar ata o día seguinte na neveira.
  6. Ao día seguinte sacar a carne da neveira con antelación para que se poña a temperatura ambiente.
  7. Quentar o forno a 180ºC e meter a costela co adobo, coa parte que ten máis carne para abaixo. Ao cabo de media hora dar a volta á costela e deixala unha hora no forno.




Suxestión: acompañar de patacas e cebola feitas no forno. 

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 2 horas.

Comentarios