Lentellas con alcachofas e xamón

Ingredientes:

250 g de lentellas pardinas, 50 g de touciño entrefebrado ibérico, 80 g de xamón ibérico, media cebola mediana, 1 tomate maduro, 2 dentes de allo, a parte branca dun allo porro, 6 alcahofas, 1 folla de loureiro, 50 ml aceite de oliva virxe extra, sal.




Elaboración:

  1. Poñer a cocer as lentellas coa folla de loureiro, facelas a lume moi suave durante media hora.
  2. Quentar o aceite nunha tarteira e engadir o touciño cortado en anacos pequenos.
  3. Cando a panceta comece a coller cor engadir a cebola picada moi pequena e o allo tamén picado fino, remexer e engadir o allo porro picado moi fino, remexer e deixar facer a lume suave.
  4. Cando a cebola e o allo porro empecen a estar transparentes engadir o tomate, pelado e sen pebidas, cortado en cubos pequenos. Remexer e deixar cocer uns 10 minutos.
  5. Engadir as lentellas e o caldo da cocción á tarteira cos vexetais e o touciño, remexer e deixar cocer 10 minutos. Probar e rectificar de sal.
  6. Limpar as alcachofas e cortalas en cuartos.
  7. Fritir as alcahofas con aceite abundante e moi quente. Sacalas do aceite e deixalas escorregar sobre papel de cociña.
  8. Cortar o xamón en tiras moi finas.
  9. Servir as lentellas nun prato fondo e poñer por enriba catro anacos de alcachofas fritas e unhas tiras de xamón.




Dificultade : Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.

Comentarios