mércores 19 marzo 2014

"Pâte de fruit" de laranxa sanguina

Ingredientes:

300 g de zume de laranxa sanguina*, a pel relada dunha laranxa, 50 g de azucre+ 16 g de pectina, 200 g de azucre, 3 g de ácido cítrico.
*Pode utilizarse calquera outro tipo de laranxa.





Elaboración:

  1. Poñer nun cazo o zume de laranxa, a pel relada e a pectina mesturada cos 50 g de azucre.
  2. Poñer o cazo ao lume e cando empece a ferver ir botando o segundo azucre aos poucos para que non baixe moito a temperatura. Remexer continuamente.
  3. Engadir o ácido cítrico sen deixar de remexer.
  4. Seguir quentado, retirar cando chegue aos 106ºC.
  5. Botar en moldes de silicona.
  6. Deixar repousar ata que endurezan e cortar ao gusto.
  7. Pasar as gominolas por azucre xusto antes de servilas, se non collerán humidade.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión