Galletas de cardamomo e canela

Ingredientes (saen unhas 20):

100 g de manteiga a temperatura ambiente, 50 g de azucre moreno, 1 xema de ovo, 180 g de fariña sen glute (Adpan), unha culleriña de canela en pó, unha culleriña de cardamomo en pó.
Glaseado: zume de limón, 50 g de azucre glas.





Elaboración:

  1. Mesturar a manteiga, o azucre e a xema na batedora.
  2. Cando sexa unha crema de cor tostada engadir a fariña, a canela e o cardamomo.
  3. Envolver a masa en film e meter na neveira unha hora.
  4. Acender o forno a 180ºC
  5. Estirar a masa ata que teña un grosor de 1 cm, aproximadamente, e cortar cun cortapastas.
  6. Poñer as galletas sobre papel de forno na bandexa.
  7. Deixalas no forno 20 minutos.
  8. Sacar do forno e deixalas enfriar.
  9. Preparar o glaseado mesturando o azucre glas e o zume de limón. Ir engadindo o zume pouco a pouco ata ter unha pasta densa.
  10. Cando as galletas estean frías decorar co glaseado e deixar secar.





Recollida en Directo al paladar e adaptada sen glute.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos (máis o repouso)


Comentarios