Biscoito de leite condensado

Ingredientes:

125 g de fariña sen glute, 4 ovos, 370 g de leite condensado, 42 g de manteiga branda, 3 culleriñas de lévedo químico.





Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Poñer no bol da batedora o leite condensado e engadir os ovos un a un batendo e mesturando.
  3. Engadir a manteiga, o lévedo e a fariña, batendo todo o tempo ata obter unha mestura homoxénea.
  4. Encher un molde de silicona coa masa, metelo no forno uns 30 minutos.
  5. Comprobar que estea feito pinchando cun coitelo que ten que saír limpo.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 50 minutos.

Comentarios