Ensalada de pochas e bacallau

Ingredientes (para catro):

Un bote de pochas* cocidas, dous anacos de bacallau (400g), media cebola pequena, un pemento verde tipo Arnoia ou italiano, 50 g de pementos vermellos asados, un ovo cocido, unha presa de olivas negras, aceite de oliva virxe extra, vinagre de Xerez.

*Pode facerse con calquera tipo de fabas brancas.




Elaboración:

  1. Abrir o bote de pochas, pasalas por auga e deixar escorregar.
  2. Poñer agua mesturada cun pouco de leite a ferver, cando estea fervendo botar os anacos de bacallau e cocer ata que se separen en lascas.
  3. Poñer nunha fonte as pochas e as lascas de bacallau.
  4. Picar moi fino, mellor nunha picadora, a cebola o pemento verde e o pemento vermello, as aceitunas e o ovo cocido.
  5. Mesturar as verduras picadas e o ovo con aceite e vinagre ao gusto para facer o aliño.
  6. Botar o aliño por enriba do bacallau e as pochas. Mesturar.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.


Comentarios