Sorbete de figos

Ingredientes:

400 g de figos maduros, 75 g de auga, 35 g de azucre, 20 g de azucre invertido.



Elaboración:
  1. Pelar os figos, quitarlles a pel negra ou verde pero deixar a branca de debaixo.
  2. Poñer a auga nun cazo xunto co azucre, levar a ebulición e deixar fervendo 2 minutos.
  3. Poñer no vaso da batedora os figos, o azucre invertido e o xarope. Triturar ata ter un puré suave.
  4. Arrefriar o puré na neveira e cando está ben frío poñelo na máquina de xeados* durante 20 minutos
  5. Gardar o sorbete no conxelador. Sacar con antelación para consumir.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: fácil
Tempo aproximado: 20 minutos +  tempo necesario para arrefriar e o tempo na máquina de xeados.

Comentarios