"Quesadillas" de queixo Arzúa-Ulloa e flores de cabaciña

Ingredientes:

6 tortillas de millo, 10 flores de cabaciña, 6 tallados de queixo Arzúa-Ulloa, 1/2 cebola, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

  1. Lavar as flores de cabaciña, quitarlles os estames e picalas en anacos pequenos, reservar.
  2. Picar a cebola en anacos moi pequenos.
  3. Poñer a cebola nunha tixola cun pouco de aceite e pochar a lume suave.
  4. Cando a cebola estea feita e cun pouco de cor engadir as flores picadas, remexer e deixar ao lume entre 5 e 10 minutos. Reservar.
  5. Quentar a prancha.
  6. "Pintar" cun pouco de aceite unha das caras da tortillas e poñelas por esa cara na prancha.
  7. Cando as tortillas estean quentes poñer enriba dúas talladas de queixo e unha culler de cebola e flores.
  8. Pechar a tortilla e darlle a volta, mantela no lume ata que se funda o queixo.
  9. Servir quentes.
Suxestión: Acompañalas dunha ensalada de tomate, cebola, chile e cilantro, aliñada con zume de lima e aceite de oliva virxe extra.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios