Makis variados

Ingredientes:

150 g de arroz para sushi (calquera arroz glutinoso con moito amidón), 180 ml de auga, 75 ml de vinagre de arroz, 45 g de azucre, 15 g de sal, 4 láminas de alga Nori.

Opcións para o recheo:
  • Bacallau afumado e mango
  • Salmón afumado e aguacate
  • Bacallau afumado e pementos vermellos picantes
  • Salmón afumado e queixo fresco con herbas
Por suposto pode utilizarse calquera outra combinación destes ingredientes ou outros diferentes.


Elaboración:

  1. Lavar o arroz ata que a auga saia case incolora.
  2. Deixar o arroz en remollo, se pode ser dende o día anterior.
  3. Poñer o arroz e a auga na tarteira e quentar, cando empece a ferver baixar o lume ao mínimo e deixar cociñar 7 minutos.
  4. Apagar o lume e deixar repousar o arroz outros 7 minutos.
  5. Mentres quentar o vinagre co azucre e o sal ata que se disolvan.
  6. Engadir o vinagre co azucre e o sal ao arroz, remexendo para que se reparta ben.
  7. Botar o arroz nunha bandexa e estendelo, deixalo arrefriar. Axudar a que arrefríe abanicándoo cun cartón.
  8. Colocar unha lámina de alga nori sobre a esteira poñendo a cara brillante da alga para abaixo.
  9. Colocar un recipiente con auga fría ao lado para poder remollar as mans mentres se fan os makis.
  10. Estender unha capa fina de arroz sobre a alga deixando unha marxen de 0,5 cm, aproximadamente, nos bordes da lámina de alga.
  11. Colocar os ingredientes escollidos poñendo primeiro o máis pesado e enriba o máis lixeiro, por exemplo poñer primeiro unhas tiras de bacallau afumado e enriba colocar as láminas de mango.
  12. Os ingredientes deben colocarse próximos ao lado polo que vai a empezar a enrolarse o makis.
  13. Ao comezar a enrolar os ingredientes xa deben quedar dentro da primeira volta. 
  14. Seguir enrolando o makis axundándose da esteira e facendo presión ao longo de todo o rolo.
  15. Ao chegar ao final pegar o extremo da alga mollándoa un pouco.



Dificultade: Alta.
Tempo aproximado: 1 hora máis o tempo que tarda en arrefriar o arroz.

Comentarios