Filloas de iogur con mazás e salsa de caramelo

Ingredientes:

Filloas: 1 iogur natural, 2 ovos, 100 g de auga, 110 g de fariña sen glute (Adpan), manteiga.

Salsa de caramelo: 200 g de azucre, 45 g de auga, 100 g de nata, 1 culleriña de sal.

Ademais: 2 mazás, manteiga.





Elaboración:

Salsa de caramelo:
  1. Botar o azucre e a auga nun cazo e poñer ao lume forte.
  2. Poñer a nata noutro cazo ao lume suave.
  3. Cando o azucre empece a coller cor retirar do lume e engadir a nata pouco a pouco, remexendo continuamente e con moito coidado, xa que pode derramarse o cazo co caramelo.
  4. Engadir o sal e remexer.
  5. Reservar.


Filloas:
  1. Mesturar todos os ingredientes agás a manteiga. Batelos ben ata ter unha mestura homoxénea.
  2. Untar de manteiga unha filloeira, ou tixola plana, e poñela ao lume.
  3. Cando a filloeira estea ben quente botar nela a mestura suficiente para cubrir o fondo cunha capa fina.
  4. Cando os bordos de filloa empecen a coller cor darlle a volta, deixar facer 2 minutos , aproximadamente, e retirar.
  5. Repetir o proceso ata terminar a mestura.


Montaxe:
  1. Pelar as mazás e cortalas en anacos medianos.
  2. Poñer un pouco de manteiga nunha tixola e quentala.
  3. Cando a manteiga estea quente saltear os anacos de mazá durante 3 ou 4 minutos.
  4. Poñer anacos de mazá sobre cada unha das filloas, botar por enriba a salsa de caramelo e facer un paquetiño cas filloas. Servir tépedas.



Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión