Panellets de piñóns

Ingredientes:

250 g de boniato, 150 g de piñóns, 170 g de améndoa moída, 130 g de azúcre, a pel relada dun limón, unha xema de ovo.




Elaboración:

  1. Pelar e cortar o boniato en anacos pequenos.
  2. Poner os anacos de boniato nun estoxo para cociñar  ao vapor no microondas*.
  3. Meter no microndas durante 4 minutos, comprobar que estea ben cocido, se non volvelo a meter un par de minutos.
  4. Aplastar o boniato ata ter un puré.
  5. Mesturar todos os ingredientes, agás a xema, co puré de boniato, ata que todo estea ben mesturado e quede unha masa húmida.
  6. Facer unhas boliñas e rebozalas nos piñóns apretándoos un pouco para que non se despeguen. Pintalas coa xema de ovo.
  7. Acender o forno a 180ºC e meter os panellets durante uns 15 minutos ou ata que estean un pouco torrados por arriba.


* Pode cocerse nunha tarteira con auga.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios