Galletas de améndoas e auga de azahar

Ingredientes:

150 g de améndoa moída, 35 g de fariña de arroz integral, 70 g de azucre, 1 ovo batido, 1 culler de auga de azahar, 1/2 culleriña de impulsor químico, azucre glas para rebozar.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Mesturar todos os ingredientes, agás o azucre glas, ata ter unha masa homoxénea.
  3. Coa masa formar boliñas duns 3 cm de diámetro.
  4. Rebozar as boliñas en azucre glas.
  5. Poñelas na bandexa do forno un pouco separadas porque subirán.
  6. Metelas no forno uns 15 minutos.



Dificultade: Facilísimas.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios