Boliñas de mazapán de cenoria

Ingredientes:

50 g de zume de cenoria, 125 g de améndoa moída, 85 g de azucre, 1 culler de viño do Porto, coco relado para rebozar.




Elaboración:

  1. Poñer o zume de cenoria e o azucre a quentar a lume suave.
  2. Cando empece a ferver engadir a améndoa moída e remexer continuamente uns 4 minutos, ata que a masa empece a despegarse das paredes do cazo.
  3. Sacar do lume e engadir a culler de Porto e remexer ata que quede ben mesturado.
  4. Deixar arrefriar.
  5. Facer, coa mans unhas boliñas de uns 2 cm de diámetro.
  6. Poñer o coco relado nunha tixola e remexer continuamente ata que empece a torrarse.
  7. Cando o coco estea frío rebozar as boliñas nel.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.