Gofre de patacas e chourizo

Ingredientes:

40 g de fariña de arroz, 1 ovo, 50 g de chourizo sen glute, 150 g de patacas, 5 g de manteiga, 1 culler de crême fraîche, 15 g de queixo parmesano relado, sal.




Elaboración:

  1. Pelar as patacas e relalas, reservar nun coador para que perdan auga.
  2. Bater o ovo e mesturar coa fariña, a crême fraîche, o queixo e a manteiga.
  3. Engadir as patacas reladas.
  4. Engadir o chourizo cortado en anacos pequenos. salpimentar ao gusto.
  5. Quentar a barquilleira* e untala de manteiga.
  6. Poñer unha culler da mestura na barquilleira.
  7. Deixar que se faga o gofre ata que estea ben torrado polos dous lados.
* Tamén poden facerse nunha prancha


Recollida no libro "Zerogluten:recetas para celíacos y no celíacos"

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios