Roliños de salmón e queixo

Ingredientes:

Para as filloas: 1 ovo, 50 g de fariña sen glute (Adpan), 75 g de leite, 60 g de auga, media culleriña de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.
Recheo: Salmón afumado, queixo para untar, alcaparras salgadas, pementa negra moida.





Elaboración:

  • Para as filloas:
  1. Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
  2. Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
  3. Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
  4. Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar uns segundos e pasar a filloa a un prato.
  5. Repetir ata terminar a mestura.

  • Montaxe:

  1. Mesturar o queixo, as alcaparras e a pementa moída.
  2. Estender o queixo sobre as filloas.
  3. Poñer as talladas de salmón afumado por enriba do queixo.
  4. Enrolar as filloas.
  5. Cortar as esquinas e desbotalas.
  6. Cortar os roliños de filloas recheas en anacos de 4 cm aproximadamente.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios