Arroz con alcachofas

Ingredientes:

5 alcachofas, 200 g de arroz, 1 dente de allo, queixo parmesano relado, 10 g de manteiga ben fría, sal, pementa negra moída, 400 g de auga mineral, 1 limón, a pel relada dun limón.








Elaboración:


  1. Limpar as alcachofas cortando as puntas, o talo e follas máis duras ata quedar só o corazón.
  2. A medida que se limpan as alcachofas poñelas en auga co zume do limón para que non se oxiden.
  3. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite e os dentes de allo.
  4. Cortar tres alcachofas en láminas finas.
  5. As outras dúas alcachofas poñelas a cocer en auga con sal.
  6. Cando os dentes de allo comecen a saltar engadir o arroz e as tres alcachofas en laminas.
  7. Remexer.
  8. Engadir a auga e o sal.
  9. Deixar cocer remexendo de cando en vez.
  10. Cando o arroz estea feito engadir o queixo relado, a manteiga e a pementa negra moída, remexer.
  11. Unha vez que estean cocidas as alcachofas cortalas en cuartos e aliñalas coa pel de limón relada e aceite de oliva virxe extra.
  12. Servir o arroz cos anacos de alcachofas aliñadas enriba.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 50 minutos.

Comentarios