Sopa de miso con vexetais e fabas

Ingredientes:

100 g de fabas secas postas a remollo o día anterior, 2 allos porros grandes, 200 g de coliflor, 400 g de cabaza, 5 cenorias medianas, 2,5 litros de auga, 2 culleres grandes de miso vermello sen glute, aceite de oliva virxe extra.






Elaboración:

  1. Cortar a coliflor en anacos moi pequenos.
  2. Pelar a cabaza e cortala en cubos dun cm e medio de lado aproximadamente.
  3. Pelar e cortar as cenorias en toros de medio cm de grosor.
  4. Cortar os allos porros e anacos dun cm de grosos.
  5. Poñer unha tarteira grande ao lume cun pouco de aceite.
  6. Botar todos os vexetais e as fabas á tarteira. Remexer.
  7. Engadir a auga á tarteira. Deixar ferver 1 hora e media, aproximandamente, a lume suave.
  8. Cando os vexetais e as fabas estean feitos engadir as dúas culleres de miso. Remexer e cando estea disolto servir a sopa.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 2 horas. 

Comentarios