Biscoito de cenoria e cardamomo

Ingredientes:

4 ovos, 150 g de azucre, 150 g de améndoa moída, 500 g de cenorias, 10 vainas de cardamomo, 1 pau de canela, a pel de medio limón, 7 g de lévedo químico sen glute.




Elaboración:

  1. Pelar as cenorias e poñelas a cocer co pau de canela, a pel de limón e as sementes das vainas de cardamomo.
  2. Cando as cenorias estean cocidas trituralas xunto coa pel de limón e o cardamomo. Reservar o puré ata que estea frío.
  3. Acender o forno a 160ºC.
  4. Bater os ovos co azucre ata que estean branquecinos.
  5. Engadir a améndoa pouco a pouco sen deixar de bater.
  6. Engadir o lévedo.
  7. Engadir o puré de cenorias e mesturar completamente.
  8. Pasar a mestura a un molde de silicona e meter no forno durante 1 hora.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios

  1. Muito bom, muito bom, o biscoito tem un aspeito maravilhoso. Obrigado.
    http://www.artemaderaolivo.com/

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión