Ingredientes:
Para o recheo: 2 cenorias, 1 allo porro pequeno, dúas presas de espinacas, 4 cogomelos, 1 dente de allo, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moída.Para a masa: 150 g de fariña de arroz, 40 de amidón de millo (Maizena), 40 g de fécula de mandioca agre, 1 culleriña de lévedo químico, 1 culleriña de goma xantana, 1 ovo, 1 culler de aceite de oliva virxe extra, 100 ml de auga, 1/2 culleriña de sal.
Elaboración:
Masa- Mesturar todos os ingredientes sólidos.
- Engadir o ovo e o aceite e mesturar cos ingredientes sólidos.
- Ir engadindo a auga aos poucos mesturando ben ata ter unha masa que se despegue das paredes do recipiente e que quede elástica.
- Dependendo do tipo de fariña de arroz pode necesitarse máis ou menos auga.
- Deixar repousar a masa uns 30 minutos.
- Estirar a masa cun rolo, poñendo na superficie un pouco de amidón de millo para que non se pegue.
- Cortar a masa en círculos de uns 10 cm de diámetro.
Recheo
- Picar todos os ingredientes.
- Poñer nunha tixola un pouco de aceite, engadir o allo porro e o dente de allo picados.
- Cando o allo porro estea transparente engadir as cenorias e os cogomelos, tamén picados.
- Cando as cenorias e os champiñóns estean feitos engadir as espinacas, remexer e esperar a que estean feitas.
- Botar sal e pementa ao gusto.
- Reservar as verduras ata que arrefríen.
Montaxe
- Cando o recheo esta frío repartilo sobre os círculos de masa.
- Pechar as empanadiñas.
- Poden pintarse con ovo e facerse ao forno ou ben fritirse en abundante aceite*.
* Poden conxelarse para usar noutro momento.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.
Porque no siempre van a ser de carnes o pescados. Claro que si, que forma mas rica de comer verduras.
ResponderEliminarBss
Muchas gracias por tú visita belén¡¡¡¡
Eliminar