Ingredientes:
300 g de pataca pelada e relada, 150 g de chirivía pelada e relada, 30 g de cebollino picado, 2 claras de ovo, 2 culleres de amidón de millo (maizena), pementa negra, sal, aceite para fritir.Elaboración:
- Poñer as patacas reladas nun recipiente con auga para que perdan amidón. Poñelas sobre un pano de cociña limpo para que sequen completamente.
- Mesturar as patacas e as chirivías, engadirlles moita pementa e sal ao gusto.
- Engadir as claras de ovo e a maizena, remexer ben a mestura.
- Engadir o cebollino picado e volver a remexer.
- Poñer un pouco de aceite nunha prancha e quentar ao lume forte.
- Coller, coas mans, dúas culleres da mestura e apretala ben facendo os latkes como unha hamburguesa moi fina.
- Poñelo na prancha e aplastalo un pouco, deixar que se fagan ata que estean torrados polos dous lados.
- Reservar sobre papel de cociña ata que se fagan todos.
- Servilos quentes como aperitivo ou para acompañar unha carne.
Receita recollida en "Jerusalén crisol de las cocinas del mundo" de Ottolenghi y Tamimi.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 45 minutos.
Maravillosa!!!
ResponderEliminarMuchas gracias Sonsoles¡¡ es muy agradable recibir estos comentarios.
ResponderEliminar