Ingredientes:
500 g de amorodos, 50 g de azucre, 25 g de pectina+ 25 g de azucre, 300 g de azucre + 100 g de glicosa + 7 g de ácido cítrico.Elaboración:
- Triturar os amorodos e coar o puré, teñen que quedar 500 gr, se non haberá que axustar a cantidade dos outros ingredientes.
- Mesturar o puré de amorodos coado cos 50 gr de azucre e poñer a ferver.
- Mesturar a pectina cos 25 gr de azucre, engadir o puré en forma de chuvia para que non se formen grumos e remover ben coas varas.
- Deixar que volva ferver, engadir os 300 gr de azucre mesturado coa glicosa e o ácido cítrico, en tres veces para que non baixe moito a temperatura.
- Deixar cocer ao lume suave ata que alcance os 107º.
- Verter a mestura nos moldes e deixar arrefriar.
- Sacar do molde e rebozar con azucre.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso ata que arrefríe.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión