Había tempo que tiña ganas de facer un xeado de lima. O certo é que outras veces probei algunha receita con leite foi un fracaso porque o leite se cortou. Netes caso o leite é leite condensando e a receita funciona pefectamente. Gústame moito, ten a azucre xusto e un intenso sabor a lima.
Ingredientes:
325 g de leite condensado, 180 g de iogur grego, 100 ml de auga, 120 ml de zume de lima, a pel relada de tres limas.Elaboración:
- Mesturar todos os ingredientes.
- Remexer ata ter unha crema homoxénea, non bater a mestura para que non colla aire.
- Distribuír a crema en moldes de polos*.
- Insertar o pauciño e metelos ao conxelador.
- Despois dunha hora sacar do conxelador e botarlles por enriba un pouco máis de pel relada de lima.
- Deixalos no conxelador polo menos 8 horas.
*Pódese utilizar como molde calquera recipiente que poda meterse no conxelador: vasiños de plástico, moldes de silicona, etc...
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos máis o tempo de repuso no conxelador.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión