Labneh

O labneh é unha especie de queixo feito con iogur de vaca ou cabra, é típico da cociña de oriente medio. Sérvese acompañado de herbas aromáticas, froitos secos e aceite de oliva. Dependendo do tempo que se deixe escorregar o iogur, o queixo será máis ou menos cremoso.

Ingredientes:

450 g de iogur de leite de cabra, 450 g de iogur grego natural, media culleriña de sal
Para acompañar: aceite de oliva virxe extra, olivas, cebolas encurtidas, pistachos, piñóns, ourego.


Elaboración:

  1. Poñer os iogures nun recipiente engadir o sal e remexer.
  2. Poñer nun recipiente un pano fino e botar a mestura de iogures nel.
  3. Atar as catro puntas do pano e colgalo sobre un recipiente.
  4. Deixalo colgado escorregando durante 24 ou 36 horas.
  5. Abrir o pano e pasar o queixo a un recipiente.
  6. Engadir os ingredientes para acompañar picadiños e un pouco de aceite.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 10 minutos + 24 ou 36 horas que ten que estar escorregando.

Comentarios