Moito me gusta as galletas de améndoas e había tempo que tiña ganas de facer estas. A receita orixinal é tradicional da Toscana,o seu nome, biscotti, vén de que se cocen dúas veces.
Nesta receita usei a fariña sen glute de repostaría de ADPAN, pero imaxino que quedarán ben con calquera outra marca.
Ingredientes:
100 g de fariña sen glute para repostaría, 100 g de fariña de améndoa, 110 g de azucre, 1 ovo, unha xema de ovo, 1 culleriña de lévedo químico, 100 g de améndoas tostadas picadas, 20 g de manteiga a temperatura ambiente.Elaboración:
- Se as améndoas están crúas tostalas nunha tixola e picalas.
- Mesturar todos os ingredientes na batedora.
- Formarase unha masa un pouco pegañenta, manexala coas mans húmidas para que non se pegue.
- Facer como unha barra de pan coa masa, aplastala un pouco ata que quede como a altura dun dedo.
- Meter no forno a 180ºC, durante uns 15 minutos ou ata que a masa empece a torrarse.
- Sacar do forno e deixar arrefriar.
- Cortar en anacos coma dun centímetro de grosor.
- Poñer os anacos na bandexa do forno e volver a metelos a 180ºC durante uns 5 minutos.
- Darlles a volta e metelos no forno outros 5 minutos.
- Sacar e deixar arrefriar.
- Poden gardarse nun bote ou caixa que peche ben.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión