Galletas de turrón

En case todas as casas ao final do Nadal sobran doces e sobre todo turrón. A min o turrón brando non me gusta demasiado pero estas galletas feitas con el están boísimas. É unha receita ben fácil e unha estupenda maneira de aproveitar o turrón que queda dando voltas pola casa.

Ingredientes:

200 g de turrón brando sen glute, 100 g de manteiga a temperatura ambiente, 65 g de azucre, 1 ovo grande, 250 g de fariña sen glute (usei Mix Dolci de Schär).

Elaboración:


  1. Bater a manteiga co azucre ata que estean ben mesturados.
  2. Engadir o ovo e seguir batendo.
  3. Esmiuzar o turrón en anacos pequenos.
  4. Ir engadindo a fariña e o turrón á mestura de manteiga e ovo e mesturar coa batedora.
  5. Sacar a masa da batedora e se está moi brandra engadir un pouco máis de fariña  e amasar a man.
  6. Deixar repousar a masa na neveira uns 30 minutos.
  7. Sacar da neveira e estirar cun rolo ata ter un grosor de 0,5 ou 0,7 cm.
  8. Acender o forno a 200ºC.
  9. Cortar da forma desexada usando corta pastas.
  10. Poñer as galletas nas bandexas do forno cubertas con papel.
  11. Meter no forno uns 12 minutos.
  12. Cando estean douradas sacar do forno e deixar arrefriar.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.


Comentarios