Despois das festas non é raro que quede algunha tableta de turrón dando voltas na despensa, esta receita é unha maneira moi fácil de aproveitalo. Seguramente a estas alturas das festas xa estamos fartos de doces por iso puxen no medio do semifrío unhas grosellas que lle dan un punto ácido e non o fan tan pesado.
O semifrío é case coma un xeado pero moito máis fácil de elaborar, non se necesita ningunha máquina especial para facelo e os ingredientes son ben simples.
Dificultade: Baixa
Tempo aproximado: 40 minutos
O semifrío é case coma un xeado pero moito máis fácil de elaborar, non se necesita ningunha máquina especial para facelo e os ingredientes son ben simples.
Ingredientes:
3 ovos, 200 g de turrón brando sen glute, 100 g de nata (35%) moi fría sen glute, un chisco de sal, unha presa de grosellas.Elaboración:
- Poner a nata na batedora e semimontala. Reservala na neveira.
- Separar as xemas das claras.
- Montar as claras a punto de neve, engadindo o chisco de sal, reservar na neveira.
- Esmagar o turrón e poñelo na batedora xunto coas xemas. Bater ata ter unha crema homoxénea.
- Mesturar a crema do paso anterior coa nata, facelo con suavidade para que a nata non baixe.
- Engadir a metade das claras a punto de neve e mesturar con suavidade.
- Cando a metade das claras estean ben mesturadas engadir a outra metade e seguir remexendo con suavidade ata ter unha crema homoxénea.
- Encher, ata á metade, os moldes individuais coa crema, poñer unhas poucas grosellas e volver a engadir crema ata encher o molde.
- Gardar no conxelador 24 horas.
Dificultade: Baixa
Tempo aproximado: 40 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión