"Galletas" salgadas e picantes de froitos secos

Ás veces teño na despensa froitos secos que sobraron dalgunha receita e que en pouco tempo poden estragarse, así que me pareceu que este sería un bo "invento" para aproveitalos. Se se gardan as "galletas" nun bote hermético duran uns cuantos días e están moi ricas para tomar a media mañá ou como aperitivo. A receita é moi, moi fácil só hai que ter coidado ao tostar os froitos secos e ao enfornar as  "galletas" 




Ingredientes:

1 presa de anacardos sen tostar, 1 presa de améndoas sen tostar, 1 presa de noces sen tostar, 3 claras de ovo, sal en escamas, copos de chile.


Elaboración:


  1. Poñer os froitos secos nunha tixola, a lume suave, e deixar que se tosten un pouco. Remexer con frecuencia para que non se queimen.
  2. Deixar arrefriar os froitos secos e poñelos nun procesador de alimentos. Trituralos un pouco pero deixando que queden anacos grandes. Reservar.
  3. Bater as claras a punto de neve  forte.
  4. Acender o forno a 180ºC
  5. Mesturar os froitos secos e as claras a punto de neve.
  6. Forrar unha bandexa de forno con papel e cunha culler ir poñendo montonciños da mestura anterior. 
  7. Botar por enriba de cada montonciño escamas de sal e copos de chile ao gusto.
  8. Non é necesario separar moito as "galletas" xa que non medran.
  9. Meter a bandexa no forno uns 20 minutos. Vixiar que non se queimen as "galletas".
  10. Sacar do forno e deixar arrefriar.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios