Marmelada de albaricoques

Non sei se outros anos os albaricoques están tan bos, este ano, desde que empezou a tempada, están boísimos, sempre os atopo no seu punto de maneira que xa fixen esta marmelada  varias veces, queda estupenda. Normalmente as receitas de marmelada indican botar o mesmo peso de azucre que de froita, a min paréceme que quedan excesivamente doces, así que boto a metade, pero se se prefire pode aumentarse a cantidade de azucre.  



Ingredientes:

2 kg de albaricoques maduros, 1 kg de azucre, 1 limón.


Elaboración:


  1. Lavar ben os albaricoques.
  2. Cortalos pola metade e sacar a pébeda. Cortar cada metade en dous se son grandes.
  3. Mesturar os albaricoques cortados co azucre e o zume do limón.
  4. Deixar repousar unha noite.
  5. Poñer todo nunha tarteira a lume suave.
  6. Deixar que ferva remexendo de vez en cando.
  7. Cando a marrmelada acade os 104º ou 105ªC retirar do lume.
  8. Pasar a marmelada aos botes de conservas, ben limpos, e pechalos ao baleiro.
  9. Etiquetar os botes e gardalos na despensa.





Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado:  1 hora e 30 minutos.
Alérxenos:
Non contén