"Panellets" de chocolate

Gústanme moitísimos o doces que levan améndoa e se fan por difuntos, pero como non os faga eu resultame imposible tomalos. Os "panellets" son os que adoito facer nesta época porque son moi fáciles e sempre quedan moi ricos. Este ano tocou de chocolate.

Ingredientes:

1 xema de ovo, 200 g de améndoa moída, 150 g de azucre, 100 g de boniato, 3 culleriñas de cacao puro sen glute, chocolate negro para fundir.


Elaboración: 

  1. Cocer o boniato no microondas para que non colla auga.
  2. Unha vez cocido o boniato facelo puré.
  3. Mesturar a xema de ovo, a améndoa, o azucre e o puré de boniato.
  4. Engadir o cacao e merturar ben.
  5. Deixar repousar na neveira un par de horas.
  6. Acender o forno a 200ºC.
  7. Facer unhas boliñas coa masa e aplastalas un pouco.
  8. Poñer nunha bandexa de forno e cocelos durante 10 minutos.
  9. Sacar do forno e deixar arrefriar.
  10. Poñer o chocolate no microndas de 30 segundos en 30 segundos ata que estea fundido.
  11. Decorar co chocolate fundido os "panellets".





Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:


Comentarios