Pastel de iogur e "crème fraîche"

Hai pouco tiña na neveira demasiados iogures e un bote de "crème fraîche" a punto de caducar, así que pensei que tiña que facer algo con todos eles antes de que se estropearan. Collín catro ovos, separei as xemas das claras e mesturei todos os ingredientes, ao forno e listo¡ Quedou rico co puntiño ácido dos iogures, se se prefire máis doce haberá que engadir polo menos 150 g de azucre.



Ingredientes:

4 iogures naturais, 200 g de "crème fraîche", 4 ovos, 100 g de azucre, 2 culleriñas de impulsor químico, 50 g de amidón de millo.


Elaboración:


  1. Acender o forno a 160ºC
  2. Separar as claras das xemas dos ovos. Utilizar as claras para outra preparación.
  3. Poñer na batedora todos os ingredientes e bater a velocidade alta ata que todo estea ben mesturado.
  4. Pasar a mestura a un molde desmontable e meter no forno.
  5. Deixar no forno ata que a parte superior do pastel estea torrada, pinchalo antes de sacar do forno para comprobar que está feito.
  6. Deixar repousar ata que estea frío.




Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora
Alérxenos:
 

Comentarios