Pan con fariña de castañas

Dende que empecei a utilizar esta receita para facer pan de vez en cando vou facendo variacións sobre a mesma para ir probando pans diferentes. Neste caso substituín parte da fariña de trigo sarraceno por fariña de castañas. O pan ten un sabor potente, lembra a un pan de centeo integral, pero a fariña de castaña dálle un gusto especial. Gústame, volverei a repetilo.

Ingredientes:

150 g de fariña de castañas, 130 g de fariña de trigo sarraceno, 70 g de amidón de millo, 70 g de amidón de iuca, 8g de Psyllium en po, 6 g de sal, 1 g de lévedo de pan, 504 g de auga.



Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes ata ter unha mestura lisa e homoxénea.
  2. Tapar a masa e deixala repousar uns 30 minutos.
  3. Meter o bol coa masa na neveira e deixala durante toda unha noite.
  4. Pasar a masa a unha manga pasteleira, cortar a boca da manga para que teña uns 2 cm de diámetro.
  5. Botar un pouco de fariña de arroz nunha bandexa de forno.
  6. Coa manga pasteleira ir facendo os boliños sobre a bandexa do forno. 
  7. Acender o forno a 220ºC.
  8. Se o forno ten función vapor poñela con vapor intenso, se non botar un vaso de auga na bandexa para producir vapor.
  9. Cocer o pan ata que estea torrado.
  10. Deixar arrefriar.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso.
Alérxenos:

Comentarios