Bombóns de caramelo ao chocolate

Estes Reis regaláronme o libro "Enciclopedia del Chocolate" (Editorial Blume) de "École du grand chocolat Valrhona" e faltábame tempo para probar algunha das receitas. Escollín esta para empezar porque me pareceu fácil. Hai que ter moito coidade cando engadimos a nata ao caramelo xa que pode saltar, polo demais non ten moita dificultade. Os bombóns quedan moi ricos e non moi empalagosos, o chocolate negro contrarresta moi ben a cantidade de azucre que levan.


Ingredientes:

250 g de azucre, 15 g de mel, 15 g de manteiga, 250 ml de nata para montar, 150 g de chocolate do 70% un chisco de sal.


Elaboración:


  1. Poñer o azucre e o mel nunha tarteira a lume suave ata que caramelice.
  2. Quentar a nata co chisco de sal.
  3. Cando o azucre e o mel estean caramelizados engadir pouco a pouco, con moito coidado, a nata quente. Remexer e manter ao lume.
  4. Fundir o chocolate no microndas, quentando de 30 en 30 segundos e remexendo cada vez ata que estea totalmente fundido.
  5. Quentar o caramelo coa nata ata 115ºC e botar a mestura enriba do chocolate fundido. Remexer ata ter unha mestura homoxénea.
  6. Engadir a manteiga en cubiños e remexer ata que estea integrada.
  7. Poñer a mestura en pequenos moldes de silicona e deixar na neveira ata que os bombóns estean un pouco duros.




Dificultade: Media
Tempo aporximado: 45 minutos
Alérxenos:

Comentarios