Roliños de atún con obleas de arroz

Despois deste parón unha receita moi fácil para tomar como aperitivo ou entrante. Con poucos ingredientes e en pouco tempo podese elaborar esta receita na que, en realidade, practicamente non se cociña.


Ingredientes:

150 g de atún en conserva, 1 ovo cocido, 2 ou 3 culleres de salsa de tomate, unha presa de aceitunas negras, 12 obleas de arroz pequenas.


Elaboración:


  1. Esmiuzar o ovo cocido e o atún, mesturalos.
  2. Picar as aceitunas e mesturar co atún e o ovo.
  3. Engadir a salsa de tomate, mesturar ata ter unha pasta.
  4. Poñer as obleas, de unha en unha, en auga ata que estean brandas.
  5. Poñer a oblea sobre un pano limpo, colocar duas culleriñas da mestura sobre a oblea e pechala facendo un rolo.
  6. Repetir ata acabar a mestura.
  7. Colocar os roliños nunha fonte de forno untada cun pouco de aceite.
  8. Acender o grill do forno a 200ºC.
  9. Pintar os roliños con ovo batido.
  10. Meter no forno ata que estean torrados.



Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:


Comentarios